Té con Kant
É un espectáculo escrito e dirixido por María Caparrini e Marta Pérez e interpretado por María Roja e Marta Pérez.
É un proxecto experimental que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatrodidáctico-conferencia.
Dúas mulleres ilustradas chegadas á nosa época nunha viaxe no tempo desde a Prusia do S. XVIII. Unha vez aquí tentarán exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, a partir das ideas do seu amigo o filósofo Inmanuel Kant.
A última decisión sobre o destino destas personaxes dependerá unicamente do público asistente.
Atréveste a pensar con nós?
Comentarios
Publicar un comentario