Rede Músicas Soltas Redondela’15
Volta
a Rede de Músicas Soltas a Redondela, unha cita mensual coas mellores
músicas populares contemporáneas galegas e peninsulares, nun programa
regular para presentar os traballos de artistas en activo. A Rede
pretende ser un escaparate para o público ver nun palco achegado e en
acústico a presentación dos últimos discos de Eliseo Parra, Guadi Galego, Celina da Piedade, Alba María, Narf trio ou Alejandro Vargas. Pequenos formatos para o acolledor espazo do Auditorio da Xunqueira, no corazón da vila dos viaductos.
A Rede de Música Soltas de Redondela son concertos de
presentación dos proxectos en activo da música popular feita en Galicia
por músicos galegos ou moradores deste país que para esta edición abre o
seu ámbito xeográfico e combida a outros artistas da Península a tocar
para o público local. Así temos os novos discos de Guadi Galego , Fran Pérez “Narf” a trio e Alba María, actuacións especiais coma a de Eliseo Parra (Madrid) e Celina da Piedade (Portugal), ou a improvisación de Alejandro Vargas (Cuba) sobre as miniaturas musicais de Eugenio Granell.
Comentarios
Publicar un comentario