VENTO E CHUVIA, os deuses galaicos
O alumnado de 3º de ESO do IES asistiu este martes, 22 de abril, á actividade de divulgación e oralidade de Soledad Felloza sobre o libro de Manuel Gago, Vento e Chuvia.
Esta actividade - Vento e Chuvia: os deuses galaicos- está incluída no programa de bibliotecas LER CONTA MOITO.
Soledad Felloza, da man da palabra e a oralidade, levou o público a un mundo imaxinario, que no seu tempo existiu no territorio da vella Gallaecia da Idade do Ferro: o dunha mitoloxía rica e plena de deuses, ata agora case descoñecida.
Comentarios
Publicar un comentario