O vindeiro 30 de abril sae o primeiro número de "Viadutiño" á rúa


O vindeiro 30 de abril sairá á rúa o primeiro número do panfleto "Viadutiño", que recolle nesta ocasión os traballos do alumnado da ESA, unha crónica das manifestacións contra a LOMCE escrita por Manuel Pérez, estudante de 2º de Bacharelato do IES Pedro Floriani, e unha escolla de libros realizada polos responsables da biblioteca do centro.
Os recortes obrigan a cambiar o formato da revista do centro,  VIADUTO, pero a través de Viadutiño mantemos a canle informativa e divulgativa aberta.
Benvido, Viadutiño!

Comentarios

Publicacións populares