O TRIVIAL HSF, un medio para aprender hábitos saudables en galego





Os alumnos do IES, dirixidos polo grupo de profesores "Floriani Saudable", elaboraron un xogo de mesa artesán para dar a coñecer temas relacionados cos hábitos saudables, a nutrición e a práctica de actividade física.
O xogo, que segue o formato do popular Trivial Pursuit, consta dun taboleiro, un dado e cubiletes e fichas de seis cores. Tamén ten fichas con preguntas que se corresponden con distintas temáticas, todas relacionadas co ámbito da saúde. A medida que os xogadores van contestando e acertando preguntas van reunindo fichas das seis cores ata telas todas. O primeiro en chegar ao cadro central resolvendo a última cuestión, gaña o xogo.
O Trivial HSF é unha ferramenta didáctica deseñada en galego e que permite aprender nocións de nutrición e saúde dun xeito lúdico e competitivo. Durante a Semana da Saúde os alumnos experimentaron con este xogo e houbo apaixonadas sesións na biblioteca do centro.
A iniciativa foi recollida pola prensa tanto na edición local do Faro de Vigo como na contraportada da Voz de Galicia, que mesmo enviou un fotógrafo para recoller graficamente a información.

Comentarios

Publicacións populares