CONCURSO DE MENSAXES DE AMOR EN CORAZÓNS
Grande participación no concurso-exposición de mensaxes de amor en formato de corazón. O alumnado do Floriani deixou os seus deseños para que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega decorara os corredores do IES, os paneis e ata a cafetería. Entre as candidaturas aos premios houbo grande competitividade.
Na semana do Entroido faranse públicos os gañadores do concurso e entregaranse os galardóns.
Haberá un premio para cada nivel educativo: un para o primeiro ciclo da ESO, outro para os cursos de 3º e 4º e outro para o ensino non obrigatorio (Ciclos e Bacharelatos).
Hai expectación por coñecer os gañadores e tamén por coñecer os premios que acadaran.
Por outra banda, o alumno Breogán Álvarez, de 4º de ESO, foi o voluntario Cupido que adicou un anaco da clase de Atención Educativa a realizar o reparto das mensaxes de amor recollidas na caixa disposta para ese efeuto. As mensaxes foron recibidas polos seus destinatarios e tamén causaron grande algarabía entre os compañeiros dos afortunados e afortunadas que as recibían.
Comentarios
Publicar un comentario