ENVIA A TUA MENSAXE DE AMOR. O CUPIDO DO EDLG FARAO CHEGAR

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega fará chegar as mensaxes de amor dos membros da comunidade educativa aos seus destinatarios o día 14.
Alumnado, profesorado, traballadores e membros da comunidade educativa poderán depositar as súas mensaxes para os seres queridos na caixa que para o efeuto hai embaixo do taboleiro de normalización. A caixa reealizouna Silvia Pazos, unha pequena grande deseñadora.
Tamén se poderán remitir ao E-mail normalizacionfloriani@gmail.com.
Ata o día 12 recolleranse as mensaxes que logo van ser entregadas aos seus destinatarios por un Cupido moi especial.
As mensaxes poden ser persoais ou anónimas e deben de identificar ao destinatario co nome e, no caso do alumnado, o curso e grupo. Animadevos a manifestar o voso afeuto aos vosos amores, amigos e amigas, familiares...!

Comentarios

Publicacións populares