BASES CONCURSO DE CALACÚS!!
SAMAÍN:
CONCURSO DE CALACÚS
1.- As datas de celebración do
concurso serán 27 e 28 de Outubro
de 2016.
2.- O xurado estará constituído por
un/ha alumno/a, un/ha membro do equipo directivo, un/ha membro do
PAS, un/ha profesor/a, a coordinadora da biblioteca e o coordinador
de ENDL.
3.- A valoración do xurado basearase
en:
-
A estética do calacú.
-
O contexto no que se exhibe (se se aproveita o contexto para conformar un “todo”)
-
A orixinalidade do calacú.
4.- Poderanse presentar tantos calacús
como se queira, cun mínimo dun por persoa participante.
5.- Poderanse presentar calacús en
parella sempre e cando se presente un por persoa, é dicir, un mínimo
de dous calacús por parella.
6.- No concurso poden participar
calquera membro da comunidade educativa (profesorado, pais, nais,
alumnado, pas e persoal de servizos).
7.- Cada calacú deberá ter escrito
na parte de abaixo exterior NOME e APELIDOS, e a REFERENCIA DENTRO DO
CENTRO (nai, pai, cafetería, profesorado, curso no caso do
alumnado,...)
8.- Os calacús deberán traerse
ao centro ao longo do día 27 de outubro.
9.- O día 03 de novembro
o xurado resolverá o concurso.
10.- O premio entregarase durante o
día de celebración do magosto.
11.- Cada participante será
responsable de retirar o seu calacú o día 3
de novembro, e deberá “liberalo” no exterior*.
12.- Para a realización dos calacús
poderanse empregar todo tipo de materiais, se ben sempre deberán
facerse cunha cabaza como material base.
13.- Cada membro do xurado deberá
elixir 3 calacús dos cales sairá o grupo de aspirantes.
14.- O nome da persoa gañadora
publicarase nos taboleiros do centro a primeira hora da mañá do día
11.
15.- Os calacús poderán colocarse en
calquera parte do centro sempre que sexa interior e en ningún caso
poderá interromper a circulación nin a actividade do centro (non se
poderán deixar en medio de portas, enriba de teclados,...)
Comentarios
Publicar un comentario