O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín no Multiusos da Xunqueira

O escritor, político e expresidente da Real Academia Galega compartirá este xoves, 14 de maio, unha xornada co estudantado redondelán no multiusos da Xunqueira.
O autor e académico, un dos máis recoñecidos escritores da literatura galega contemporánea, foi invitado polos propios estudiantes co apoio dos equipos de Dinamización Lingüística dos centros de ensino de Redondela.
Esta actividade será unha charla aberta de grande utilidade para desentrañar as claves da súa vida e extensa obra.Tamén se falará de como afecta a nova Lei Orgánica da Educación ao galego no ensino.

Obras publicadas

Poesía

  • Voce na néboa, 1957.
  • Antoloxía Popular, 1972. Con el pseudónimo de Heriberto Bens.
  • Sirventés pola destrucción de Occitania, 1975.
  • Con pólvora e magnolias, 1976. 
  • Poesía enteira de Heriberto Bens, 1980.
  • O fin dun canto, 1982.
  • Erótica, 1992.
  • Estirpe, 1994. Premio Losada Diéguez.
  • O outro, 2002.
  • Era na selva de Esm, 2004.
  • Contra Maquieiro, 2005. Premio Losada Diéguez.

Narrativa

  • Percival e outras historias, 1958. 
  • O crepúsculo e as formigas, 1961, 
  • Arrabaldo do norte, 1964.
  • Retorno a Tagen Ata, 1971.
  • Elipsis e outras sombras, 1974.
  • Antón e os inocentes, 1976.
  • Crónica de nós, 1980. 
  • Amor de Artur, 1982.
  • Arnoia, Arnoia, 1985.
  • Bretaña Esmeraldina, 1987. Premio Crítica Galicia.
  • Arraianos, 1991. Premio Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio de la Crítica Española.
  • No ventre do silencio, 1999.  Premio Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa "Carlos Blanco".
  • Fría Hortensia y otros cuentos, 1999. 

Outros xéneros

  • De Pondal a Novoneyra, 1984.
  • Conversas con Xosé Luís Méndez Ferrín, 2006.

Comentarios

Publicacións populares