II Concurso de Deseño de Camisolas con Lema en Galego


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca o II Concurso de Deseño de Camisolas con lema en Galego. Envíanos o teu deseño de camisola e participa ata o 13 de Maio.

O deseño gañador recibirá un premio cun valor de 50 €uros e a súa camisola será impresa. 


¿Cómo participar?

1.- 
 Descarga o .jpg da camisola que debes deseñar. Fai clic co botón dereito do rato e dalle a gardar para conservar a imaxe no teu Pc: 


2.- Pinta e crea... prepara o teu deseño orixinal cun lema en galego que pode ser orixinal ou unha cita dun/ha autor/a (nese caso terás que poñer debaixo o nome do autor/a).

3.-  Tes as bases do concurso no taboleiro de Normalización do IES (á dereita da porta de entrada). 

4.- Fai chegar o teu deseño entregándoo na conserxería, ao profesorado de plástica ou ao profesorado do Equipo de Dinamización.

¡Anímate! Non existen límites de idade, calquera membro da Comunidade Educativa (alumnado, pais, nais, titores legais do alumnado, traballdores do IEs ou profesorado) pode participar!

Comentarios

Publicacións populares