VIADUTIÑO bota a andar co número 0


Viadutiño é unha publicación que nace para satisfacer a necesidade de expresión escrita do Equipo de Normalización Lingüística do IES Pedro Floriani e para facernos visibles.

A lingua galega é hoxe menos vivisble que a finais dos anos 80 do século pasado e hoxe é máis difícil que hai trinta anos atopar xornais en galego ou que nunha sala comercial se proxecte unha película en galego.

Entón, dúas necesidades, dúas palabras: identidade e visibilidade.

Atoparás o teu exemplar gratuito na conserxería ou na sala de profesores.





Comentarios

Publicacións populares